Charla: Eclipses ao longo da Historia: medo, mito e ciencia
Charla en colaboración co Planetário do Porto. Esta actividade aborda a dimensión cultural, histórica e científica das eclipses e inclúe, así mesmo, orientacions para a súa observación segura. O 20 de xullo ás 12:30 h, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais recibiremos a Juan Nolasco do Planetario do Porto - Centro Ciencia Viva (Portugal) , para falarnos das Eclipses ao longo da Historia . A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será o fenómeno astronómico máis destacado do ano en toda a Península Ibérica. A partir deste evento, proponse unha viaxe a través da Historia, explorando como as eclipses foron interpretados entre o medo, o mito e a ciencia. Así mesmo, abordaranse as súas representacións na arte, a literatura e a cultura, convidando o público a comprender e vivir este fenómeno de forma informada, consciente e segura.