SMOOTH TALK (Palabras suaves) de Joyce Chopra
Cinenterraza - CULT MOVIES 2026 Con Laura Dern, Treat Williams, Mary Kay Place Estados Unidos 1985 Duración: 92 min Proxección en VOSE Non recomendada menores de 13 anos Connie, unha moza de quince anos, comeza a espertar á vida adulta, coas súas emocións e os seus perigos. O que comeza como unha película sentimental sobre a adolescencia convértese aos poucos en algo máis ameazante. Un dos grandes títulos do cinema dos 80: adaptación dun relato de Joyce Carol Oates, este coming of age feminino é un exemplo de equilibrio cinematográfico entre delicadeza e ferocidade, e unha boa sacudida a unha idade, polo xeral, docificada polo cinema, que non repara nas súas partes escuras. *Ao finalizar a proxección haberá charla-coloquio con Blanca Lacasa, escritora VENDA DE LOCALIDADES Venda en liña: ataquilla.com Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles) Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)