+QJazzCoruña 2026 – Víctor Wooten & The Wooten Brothers
Victor Wooten & The Wooten Brothers é moito máis que un concerto de funk e jazz; é unha celebración electrizante de virtuosismo, groove e un legado familiar inigualable, avalada polos máis altos recoñecementos da industria. Liderando este espectáculo de altísima voltaxe atópase o lendario Victor Wooten -gañador de cinco premios Grammy, primeiro músico en gañar tres veces o premio ao "Baixista do Ano" pola revista Bass Player, e catalogado pola revista Rolling Stone como un dos 10 mellores baixista de todos os tempos-. Xunto a el, os seus irmáns Joseph (teclados), Roy "Futureman" (percusión) e Regi (guitarra), todos eles músicos de elite internacional e innovadores nos seus instrumentos, ofrecen unha exhibición de mestría técnica e telepatía musical. Xuntos repasan máis de catro décadas de música, fusionando funk, R&B, jazz e soul nun espectáculo cegador que desborda enerxía e alma. VENDA DE ENTRADAS www.ataquilla.com Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h Despacho de billetes do Teatro Colón: día da función dende 2 horas antes do inicio (só se quedan entradas dispoñibles)