YANDEL sinfónico
Entradas á venda o 3 de febreiro de 2026 ás 12.00 h Despois de máis de dúas décadas no máis alto, Yandel -a lenda do reggaeton, un dos seus creadores e responsable máximo da súa difusión como o xénero máis importante dos últimos anos a nivel global- continúa arriscando e innovando para ofrecerlles aos seus millóns de fanáticos o seu talento e as súas cancións. Mesmo de formas nunca vistas anteriormente. Este é o caso do seu show Yandel 'Sinfónico', co que conseguiu entradas esgotadas dúas veces no Movistar Arena de Madrid. Neste directo, Yandel reivindica o seu legado e reinterpreta os grandes -e numerosos- éxitos da súa carreira acompañado dunha orquestra formada por decenas de músicos con formación clásica que versionan as súas cancións na clave que serve de nome para o show. E é que tras o éxito no Movistar Arena de Madrid, Yandel visitará o Coliseum da Coruña o próximo 12 de xullo de 2026. VENDA DE LOCALIDADES Venda en liña: ataquilla.com Venda no despacho de billetes da pza. de Ourense: de luns a venres excepto festivos das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h Despacho de billetes do Coliseum: unicamente a tarde do concerto.