"Assault on precinct 13" (Asalto á comisaría do distrito 13), de John Carpenter
Cinenterraza - CULT MOVIES 2026 Con Austin Stoker e Darwin Joston Estados Unidos 1976 Duración: 90 min Proxección en VOSE Non recomendada para menores de 18 anos Un policía de Los Á ngeles recibe o seu primeiro destino nunha comisaría que está a ser trasladada a un novo edificio. Pouco despois chega un furgón cun perigoso criminal. A súa banda fará o posible por soltar o seu líder. O cinema de Howard Hawks é obxecto dunha relectura na que os protagonistas son asediados por delincuentes silenciosos e aterradores que semellan ser máis zombies que seres vivos. Lección de posta en escena, narrativa concisa e baile xenérico entre o western urbano, o thriller e o cinema de terror. *Ao finalizar a proxección haberá charla-coloquio con Carla Souto, deseñadora de xoias VENDA DE LOCALIDADES Venda en liña: ataquilla.com Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días da proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles) Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)