FRENCH CANCAN de Jean Renoir
Cinenterraza - CULT MOVIES 2026 Con Jean Gabin, María Félix Francia 1955 Duración: 102 min Proxección en VOSE Todos os públicos No París de 1880, o ambicioso empresario teatral Henri Danglard decide abrir un novo cabaret: o Moulin Rouge. O seu obxectivo: recuperar a popularidade do baile cancán e converter en estrela a unha moza que coñeceu nunha lavandaría. O regreso do mestre Renoir a Francia despois da súa etapa americana é pura cinética, pura música, pura cor e puro joie de vivre.. Un filme sobre o feliz que pode chegar a ser o cinema. *Ao finalizar a proxección haberá charla-coloquio con Iolanda Muíños, actriz VENDA DE LOCALIDADES Venda en liña: ataquilla.com Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles) Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)