Non precisamos perdoar
Obra de teatro baseada na existencia do "Padroado de Protección á Muller" Composición de teatro contemporáneo que foxe da recreación histórica e que non quere substituír as máis que necesarias voces das propias sobreviventes. Aspiramos a reflectir o brutal e absurdo dos tratos que se perpetran sobre miles de mulleres e a necesidade que elas mesmas enuncian. Nin esquecemento nin perdón: verdade, xustiza e reparación. Non só para elas, tamén para a sociedade mesma da que formamos parte, para a humanidade mesma, que reproduce este tipo de sistemas de represión, torturas e morte ao longo dos tempos e ao ancho dos territorios. A traxedia de cada unha delas, decenas de miles. O seu trauma incurable do que elas mesmas falan, é realmente incurable? Quizais a sociedade que perpetra, permite, silencia ou sofre ten outro papel con capacidade de reparar? Premio Luisa Villalta 2025 Dramaturxia e dirección: Angel Simón e Eugenia Sanmartín Intérpretes: Cristina Moreira, Sonia Ruiz Parra e Angel Simón Espazo escénico: Helga Méndez Música orixinal: Barahúnda Iluminación: As Dúas e Punto VENDA DE ENTRADAS: Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles) ataquilla.com