LUGER de Bruno Martín
Lóstrego - Festival de Cinema Fantástico LUGER de Bruno Martín Con David Sainz, Mario Maio, Ana Turpin España 2025 95 minutos Non recomendada menores 18 anos Rafa e Toni son dous buscavidas que traballan para Ángela, unha avogada de moral flexible que lles ofrece aos seus clientes solucións rápidas á marxe do legal. A historia transcorre ao longo dun frenético día nun laberíntico polígono industrial, cando reciben o encargo de recuperar o coche roubado dun deses clientes. No seu maleteiro, atoparán unha misteriosa caixa forte que contén unha reliquia da Segunda Guerra Mundial: unha pistola Luger P08 moi cobizada por xente moi perigosa dos baixos fondos. *A proxección contará coa presentación de ANA TURPIN