"El show de Ignatius Farray"
Ignatius Farray é un cómico de Tenerife que empezou no STAND-UP hai 20 anos, e dende entón, segue de xira por todo o país. Moitos e moitas xa o coñecemos porque tiña un programa na Cadena Ser con David Broncano e Héctor de Miguel que se chamaba "La vida moderna", porque escribiu 3 libros para Temas de hoy, Planeta, porque protagonizou unha serie sobre a súa vida, "El fin de la comedia", que estivo seleccionada para un premio Emmy ou porque se meteu nalgunha lea tuiteando e xa sabemos de que pé coxea. En 2024 cursou o Máster de creación teatral dirixido polo dramaturgo e director Juan Mayorga na Universidade Carlos III. E colabora no programa "A vivir", con Carles Francino. Para quen non o coñecedes: ou che gusta ou non che gusta, por iso o mellor é que veñas comprobalo. VENDA DE ENTRADAS: Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles) ataquilla.com