Novembro 2026 – DOCS DO MES – NUMAKAGE PUBLIC POOL de Shingo Ota
NUMAKAGE PUBLIC POOL o documental do mes de novembro NUMAKAGE PUBLIC POOL de Shingo Ota Documental Xapón 2025 80 minutos - VO en xaponés subtitulado español Durante máis de cincuenta anos, Numakage, unha piscina pública suburbana de Tokio, foi un punto de encontro entre persoas maiores, familias e comunidades de cruising gai. Ante a súa demolición, a pesar da oposición local, a película percorre o duelo colectivo a través das cinco etapas de Kübler-Ross, cuestionando unha perda normalmente reservada á morte humana. Shingo Ota Shingo naceu en 1985, na xefatura de Nagano. Graduouse na Universidade de Waseda, onde estudou Filosofía e Narratoloxía. A súa primeira longametraxe documetal, The End of the Special Times We Were Allowed (2013), presentouse no Festival Internacional de Cinema Documental de Yamagata 2013 e distribuíuse en doce países de todo o mundo. At Konosaki (2022) gañou o Premio á Excelencia no Festival Internacional de Cinema Fantástico de Yubari 2022. A produción escénica The Last Geishas combina artes escénicas e documental e estreouse mundialmente no Festival de Automne, o festival de artes escénicas máis grande de Europa. VENDA DE LOCALIDADES Venda en liña: Ataquilla.com Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles) Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)