MATRIA de Álvaro Gago Díaz
Proxección incluída dentro de CORUÑART Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nunha vila da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse e proporcionarlle un futuro mellor á súa filla Estrella. Pero cando Estrella está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma. Con María Vázquez, Santi Prego España 2023 99 min - VOSE Non recomendada para menores de 12 anos e distintivo especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero VENDA DE LOCALIDADES Venda en liña: Ataquilla.com Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles) Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)