O CORNO, de Jaione Camborda
Proxección incluída dentro de CORUÑART Con Janet Novás, Siobhan Fernandes España, 2023 99 minutos - VOSE Non recomendada para menores de 12 anos e distintivo. Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que gaña a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres no parto con especial dedicación e coidado. Tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe que lle fará loitar pola súa supervivencia. En busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal. 2023 Festival de San Sebastián - Concha de Ouro á Mellor Película 2023 - Premios Goya - Mellor Actriz Revelación VENDA DE LOCALIDADES Venda en liña: Ataquilla.com Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección, desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles) Venda no despacho de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)