NOTORIOUS (Encadeados) de Alfred Hitchcock
Cinenterraza - CULT MOVIES 2026 Con Gary Grant, Ingrid Bergman, Claude Rains Estados Unidos 1946 Duración: 101 min Proxección en VOSE Non recomendada menores de 7 anos Unha muller é recrutada polos servizos secretos dos Estados Unidos para infiltrarse nunha rede de espías nazis en Brasil. Pero a misión complícase cando coñece nunha festa ao axente que leva o seu caso. Unha trama labiríntica que en mans do mestre do suspense é transformada en puro cinema de emocións, con algunhas das solucións visuais máis poderosas que se lembran. Clásico incontestable. *Ao finalizar a proxección haberá charla-coloquio con Denís Gómez, actor VENDA DE LOCALIDADES Venda en liña: ataquilla.com Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles) Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)