Talleres de verán no Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón e Castro de Elviña
Como cada ano o Museo Arqueolóxico organiza varias actividades de verán destinadas a nenas e nenos entre 6 e 12 anos, desenvolvidas os sábados dos meses de xullo e agosto no Museo de San Antón e no Castro de Elviña, coa intención de difundir a arqueoloxía e a historia dunha forma práctica e lúdica. Cada taller terá unha capacidade de 20 nenas e nenos. As actividades comezarán ás 11.00 h. Todos os talleres son de balde. O prazo de inscrición abrirase o mércores 8 de xullo ás 10.00 h e cada actividade terá unha ligazón a través de ticketing para reserva. IMPORTANTE: non se poderá solicitar máis de 2 actividades por nena/neno, das 6 ofertadas. PROGRAMA En xullo os talleres faranse no Castro de Elviña, co tema do traballo arqueolóxico. Nesta divertida actividade mergullarémonos no apaixonante mundo da arqueoloxía para coñecer o traballo dos equipos nun xacemento. A través de dinámicas participativas, aprenderemos a realizar prospeccións para localizar posibles achados e descubriremos as ferramentas e técnicas que utilizan os profesionais para investigar o pasado. Despois chegará o momento máis emocionante: unha simulación de escavación arqueolóxica! Con método, observación e traballo en equipo desenterraremos obxectos que nos axudarán a reconstruír a historia do Castro de Elviña. Sábado 11 de xullo (Castro de Elviña): Aventura arqueolóxica (1ª edición) Inscrición: https://ticketing.coruna.gal/arq/aventura-26/ Sábado 18 de xullo (Castro de Elviña): Aventura arqueolóxica (2ª edició